domingo, 2 de diciembre de 2012

QUE MEDO!

Onte miña nai a noite contoume unha lenda sobre a santa compaña, e eu sin teñer nin idea diso pregunteille que era e ela díxome prepárate que che vas a caer de medo..
Entón comezoume a contar que trátase dunha procesión de mortos ou almas en pena que van percorrendo camiños de parroquias.
-Eú díxenlle si oh seguro que iso existe, que cando nos morremos non hai vida no máis alá nin procesión nin nada.
-Ela díxome espera espera..
E comezoume a contar que unha antiga familiar que tiña ela tampouco cría nada desta procesión de almas mortos e os amigos e amigas indúxerona a ir onde a procesión a media noite e aver se pasaba algo..
Así foi que o grupo de 5 persoas dirixíronse ao bosque ata chegar a igrexa do pobo e a familiar da miña nai chamada Carmen xirouse ante eles e díxo: vedes? aqui non pasa nada, ata que os demais amigos ergueron a cabeza e empezaron a ver como mortos e pantasmas saían das ventás e empezaron a correr a moita presa a súas casas,pero Carmen gritáballes a onde vadeeees que pasa? ata que xirouse e veu todos os seres inhumanos que habia e morreu asustada.
Os amigos volveron ao dia seguinte pola noite a recoller a súa amiga xa que non aparera por casa e estaban preocupados e víron desde lexos entre o fume a procesión de mortos na que ...lamentablemente encontrábase a sua amiga morta cunha cruz e volveron as súas casas abraiados pero nadie os creeu.
LENDA?MITO?VERDADE?MENTIRA?aí esta o poder da imaxinacion..desde logo eu mais morto de medo non me puiden quedar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario