miércoles, 30 de enero de 2013

A LOITA IRMANDIÑA

B A Z Á N


HISTORIA DE BAZÁN

En 1997, con motivo do 50 aniversario da súa creación, a EmpresaNacional Bazán acuñou un medallón conmemorativo co lema "cincuenta anos consolidando tres séculos de construción naval".
Tal lenda non podía ser máis oportuna, pois a empresa é lexítima herdeira dunha tradición que se remonta á primeira metade do século XVIII, cando se concentrou a construción naval militar española nos arsenais.
Consecuencia de tal decisión foi a construción do Arsenal de Ferrol. O establecemento foi moito máis que un simple recinto militar. Só a súa presenza explica que unha minúscula localidade a comezos do XVIII pasase a ser a maior cidade de Galicia cara a 1800. Pero tan impresionante evolución demográfica asentouse sobre un case completo monocultivo industrial: a construción naval militar. Ferrol e o seu hinterland vivían por e para a Mariña, por e para os seus arsenais. Por iso, a decadencia destes no primeiro terzo do século XIX estendeu a crise ao longo do que hoxe se coñece comoFerrolterra. Téñase en conta que o parón da actividade foi brutal: se entre 1750 e 1800 o Arsenal botou máis de 150 buques de todo tipo, entre 1800 e 1850 non chegou á ducia.

Moitas persoas viñan a traballar aos estaleiros ,sobretodo nos períodos de bonanza económica e sobre todo na época na que non había CRISE
Actualmente: .....

Rey Varela carga contra la cúpula de Navantia por “no hacer su trabajo”




O rexedor local, cos seus concelleiros, dirixíndose ao salón de plenos para a comparecencia Jorge Meis

.O alcalde de FerrolJosé Manuel Rey Varela, que nas últimas semanas foi o centro das críticas dos comités de empresa deNavantia, ofreceu onte unha comparecencia de prensa inu-sual, na que se fixo acompañar por todos os membros do seu goberno, para reiterar a súa "profunda decepción" polo resultado da reunión do dique flotante e responsabilizar á cúpula da compañía pública. A súa intervención, practicamente íntegra, foi a que segue.

.El alcalde demanda una hoja de ruta para garantizar el futuro de los astilleros de la ría.


"Quero expresar a miña profunda decepción coa presidencia deNavantia porque dende o noso punto de vista non fixo o seu traballo. Viñeron coas mans baleiras, sen nova carga de traballo, sen un proxecto de dique viable e sen un plan industrial paraNavantia Ferrol e Fene. Hoxe xa están en Madrid, pero dende Ferrolqueremos reiterar que teñen que asumir a súa responsabilidade. Que é Navantia Madrid quen ten que conseguir carga de traballo e quen ten que 
garantir a viabilidade do seu estaleiro. E hoxe quero tamén expresar unha dobre decepción, a miña profunda decepción, porque eses dirixentes de Navantia en Madrid son nomeados polo Goberno do meu partido.



POBOACIÓN SUMISA CONTRA O ESTABLECIDO ? NON O CREO...
MOITAS PERSOAS SAÍNDO A RÚA A MANIFESTARSE,COMO PODE OBSERVARSE NA FOTOGRAFIA.
CARGA DE TRABALLO CONTRA O NAVAL XA !

http://www.youtube.com/watch?v=JzaYdPA6gWQ

lunes, 21 de enero de 2013

FERROL 1972.

Vouvos contar desde a perspectiva dun neno de 17 anos ,os acontecementos que foron dados no ano 1972 na miña cidade,Ferrol, e máis concretamente en marzo deste mesmo ano.

O día 10 de marzo de 1972, despois de encontrar pechadas as portas da factoría de Bazán,os máis de 4.000 obreiros que acudían ao seu traballo dirixíronse en pacífica manifestación cara ao centro da cidade de Ferrol co ánimo de buscar a solidariedade do resto da cidadanía ferrolana e para explicar o que estaba a pasar na factoría onde os traballadores levaban xa varios meses mobilizándose para lograr melloras salariais, unha redución da xornada laboral a 42 horas semanais e un mes de vacacións, o 100% do salario en caso de enfermidade ou accidente, a xubilación aos 60 anos co 100% do salario real, a readmisión dos despedidos por motivos políticos e un local de reunión; no transcurso desa marcha, ao chegar á ponte de as Pías, foron detidos por unha compañía da policía armada, polo que se produciu un enfrontamento que rematou coa morte de Amador Rei e Daniel Niebla, así como con máis de corenta feridos de bala e con numerosos detidos, entre os que se encontraban PilladoRiobóAmor Deus e outros dirixentes obreiros.

Nos días seguintes, a solidariedade cos traballadoresde Bazán difundiuse por toda a bisbarra ferrolana e por toda Galicia: os paros estendéronse a outras factorías e a poboación respondeu dando mostras de apoio ás familias dos represaliados; finalmente, o día 21 de marzo, as portas da factoría volvíanse abrir, a pesar de que nesta ocasión os obreiros traballaban baixo a vixilancia da policía e coa ausencia de 160 compañeiros, algúns deles enlaces sindicais, que fosen despedidos.
 A loita rematase, pero a fortaleza do movemento obreiro quedase patente.
Única foto dos acontecementos do 10 de marzo en Ferrol.

Posiblemente, nesos tempos non déronse conta de o que iba a supoñer a unha cidade como Ferrol de carácter sobre todo naval e marítimo e unha das principales astilleiras potencias do mundo despedir a máis de centenares de despedidos por reivindicar os seus dereitos como traballadores e cun caracter de rebeldía fronte ao establecido.

Naquela época a poblacion ferrolana chegaba ou estaba preto dos 100.000 habitantes e agora mesmo e cunha pérdida anual de poboación que últimamente pasa das mil persoas  como neste ultimo ano,os datos preocupan.
Actualmente a cidade do mar ten uns 73.000 habitantes máis ou menos.
Hai moitas noticias a cerca deste ano 1972 no que se di que "a cidade de Ferrol chorou" ou o "Cambio de ciclo na cidade do mar"
Para a población sobretodo vella que viviu estes acontecementos ou que estivo preto del,dánse conta de como un acontecemento de rebeldía foi acabando pouco a pouco coa cidade de Ferrol e coa sua poboación xa que actualmente con esta crisis como ben sabemos non hay traballo etc etc etc..
Moita xente espera un cambio que xa vai sendo hora nesta cidade para que volva a ser o que era antes ou al menos non siga perdendo tantos habitantes, en conclusion "que a cidade de ferrol deixe de chorar" xa que a moitos que se identifican coa sua cidade, isto quítalles o sono.



Monumento a Amador Rey e Daniel Niebla en Ferrol.