miércoles, 30 de enero de 2013

B A Z Á N


HISTORIA DE BAZÁN

En 1997, con motivo do 50 aniversario da súa creación, a EmpresaNacional Bazán acuñou un medallón conmemorativo co lema "cincuenta anos consolidando tres séculos de construción naval".
Tal lenda non podía ser máis oportuna, pois a empresa é lexítima herdeira dunha tradición que se remonta á primeira metade do século XVIII, cando se concentrou a construción naval militar española nos arsenais.
Consecuencia de tal decisión foi a construción do Arsenal de Ferrol. O establecemento foi moito máis que un simple recinto militar. Só a súa presenza explica que unha minúscula localidade a comezos do XVIII pasase a ser a maior cidade de Galicia cara a 1800. Pero tan impresionante evolución demográfica asentouse sobre un case completo monocultivo industrial: a construción naval militar. Ferrol e o seu hinterland vivían por e para a Mariña, por e para os seus arsenais. Por iso, a decadencia destes no primeiro terzo do século XIX estendeu a crise ao longo do que hoxe se coñece comoFerrolterra. Téñase en conta que o parón da actividade foi brutal: se entre 1750 e 1800 o Arsenal botou máis de 150 buques de todo tipo, entre 1800 e 1850 non chegou á ducia.

Moitas persoas viñan a traballar aos estaleiros ,sobretodo nos períodos de bonanza económica e sobre todo na época na que non había CRISE
Actualmente: .....

Rey Varela carga contra la cúpula de Navantia por “no hacer su trabajo”




O rexedor local, cos seus concelleiros, dirixíndose ao salón de plenos para a comparecencia Jorge Meis

.O alcalde de FerrolJosé Manuel Rey Varela, que nas últimas semanas foi o centro das críticas dos comités de empresa deNavantia, ofreceu onte unha comparecencia de prensa inu-sual, na que se fixo acompañar por todos os membros do seu goberno, para reiterar a súa "profunda decepción" polo resultado da reunión do dique flotante e responsabilizar á cúpula da compañía pública. A súa intervención, practicamente íntegra, foi a que segue.

.El alcalde demanda una hoja de ruta para garantizar el futuro de los astilleros de la ría.


"Quero expresar a miña profunda decepción coa presidencia deNavantia porque dende o noso punto de vista non fixo o seu traballo. Viñeron coas mans baleiras, sen nova carga de traballo, sen un proxecto de dique viable e sen un plan industrial paraNavantia Ferrol e Fene. Hoxe xa están en Madrid, pero dende Ferrolqueremos reiterar que teñen que asumir a súa responsabilidade. Que é Navantia Madrid quen ten que conseguir carga de traballo e quen ten que 
garantir a viabilidade do seu estaleiro. E hoxe quero tamén expresar unha dobre decepción, a miña profunda decepción, porque eses dirixentes de Navantia en Madrid son nomeados polo Goberno do meu partido.



POBOACIÓN SUMISA CONTRA O ESTABLECIDO ? NON O CREO...
MOITAS PERSOAS SAÍNDO A RÚA A MANIFESTARSE,COMO PODE OBSERVARSE NA FOTOGRAFIA.
CARGA DE TRABALLO CONTRA O NAVAL XA !

http://www.youtube.com/watch?v=JzaYdPA6gWQ

No hay comentarios:

Publicar un comentario