jueves, 16 de mayo de 2013

A miña imaxe de FERROL.

Ferrol,sí,a miña cidade, a que eu quero,coa cal eu síntome máis identificado, e onde por suposto quero vivir.

Cando xa vas tendo uns anos e te das conta das cousas que pasan o teu redor,comezas a madurar e pensar por exemplo os rapazes que din que queren acabar os estudos e marcharse por fin de aquí, porque é unha "cidade" pequena,triste, na que non hai ambiente e demáis... a min persoalmente todo iso horrorizame escoitalo,pero bueno as opinións da xente hai que escoitalas e respetalas.

Pero claro como isto non ten todas as cousas que ten Madrid....enfin.. Eu son dos que penso que cada sitio ten á sua propia cultura o seu propio encanto, a súa gastronomía,a sua riqueza e iso é precisamente é o que fai especial a cada sitio e a súa xente. Non cabe duda de que un ourensán defenderá a sua terra como a mellor do mundo,un do bierzo igual  ou  un de Xixón tamén..

Por todo isto, por nacer aquí,por criarme aquí, por ter a miña familia os meus amigos as miñas aficións, os meus equipos e en definitiva por ser ferrolán para mi ESTA e a mellor cidade que hai.

Os que din que queren marcharse que se vaian,e certo que na situación actual, na situacion dfícil na que estamos moitoz queren baixarse do barco e fuxir en vez de pelear, eu xamáis faria eso pero como di o refrán cada xente e un mundo.

Actualmente,Ferrol é a cidade con máis paro da Galiza, na que anualmente máis poboacion vaise e en continuo decrecemento,na que as rúas estan levantadas e cunha situación moi mala, isto e un cambio moi importante xa desde hai anos atrás nos que Ferrol era unha das cidades maís grandes da Galiza, con mais de 100.000 persoas na sua periferia, cun sector naval moi avanzado, coa xente moi ilusionada e tamén cun deporte nuns niveis moi elevados.

Penso que xamás hai que rendirse se queres defender o que sintes e o que che gusta,aínda que a situación agora mesmo sexa mala ou ata o punto de critica, as cousas poden cambiar con esforzo e requerimento para  que isto volva a ser cando menos o de antes.

Máis particularmente a semana que ven pasan dous acontecementos importantes na miña cidade que e a fase de ascenso do meu equipo de futbol e de futbol sala onde espero que a xente acuda en masa e que a poboación de ferrol esté contenta, que xa vai sendo hora e o merecemos.



Esta canción recolle ven o sentimento que se sente ao ser ferrolán, espero e desexo uns mellores tempos para os ferroláns que xa vai sendo ,hora un saúdo!





No hay comentarios:

Publicar un comentario